O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) puxo na rede o Kit para a Normalización da Lingua. Despois de dez anos de colaboración entre o organismo e outros axentes sociais dinamizadores, ponse ao dispor dos internautas o froito do seu traballo, con todo tipo de documentación e recursos.
Logotipo do CDSG
O kit pódese consultar en liña ou ben descargarse integramente. Son, en total, 300 megabytes comprimidos.
O paquete contén documentos de normativa básica sobre a lingua, bibliografía -algunha dispoñíbel en formato PDF-, documentos internos do centro, materiais producidos polas actividades de dinamización lingüística, unha aplicación-guía con datos de contacto de institucións relacionadas coa promoción de linguas minorizadas, e unha serie de ligazóns de recursos en liña sobre o idioma.
Coa liberación deste servizo, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia celebra o seu décimo aniversario.