Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pide unha investigación "a fondo" para destapar "nexos de unión"

O Bloque pregunta no Congreso se hai relación entre a trama de Gondomar e a queima do coche de Giráldez

A deputada do BNG Olaia Fernández presentou unha pregunta no Congreso para saber se "se descartou" a relación entre as agresións do ano pasado a cargos públicos nos municipios de Nigrán e Gondomar e a trama urbanística destapada hai tres semanas neste último.

Redacción - 18:00 04/03/2007

A nacionalista lembrou no Congreso dos Deputados que en 2006 dirixiu varias iniciativas parlamentarias relativas ás "reiteradas" agresións que sufriu o concelleiro do BNG en Nigrán David Giráldez e os de Gondomar Domingos Solla e Manuel Pereiro.

Segundo Fernández, os nacionalistas "sempre" relacionaron os "ataques de barbarie" con "posíbeis corrupcións urbanísticas", xa que os tres cargos "denunciaron" as "constantes especulacións inmobiliarias" e as "ilegalidades" dos municipios.

É por iso polo que, logo da detención de dous concelleiros do Partido Popular en Gondomar relacionados co "cobramento de comisións", insta o goberno a que investigue "a fondo" nesta liña, xa que se trata dos "mesmos lugares" onde Giráldez, Solla e Pereiro "foron vítimas de agresións e ataques".

Nesta liña, Fernández demanda os resultados das investigacións sobre as agresións do ano pasado, ademais de saber se a Fiscalía investigará se existe "nexos de unión" entre as mesmas e as "corrupcións urbanísticas".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: