Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Volta á Comunidade Valenciana

Troncoso destacou na última tirada, Mosquera gañou un posto na xeral

A última tirada da Volta a Comunidade Valencía deixou nas filas do Karpin Galiza a boa actuación de Ramón Troncoso, que foi o corredor máis combativo da xornada ao participar en dúas escapadas, cun total de noventa quilómetros en fuga. O triunfo final na xeral foi para Alejandro Valverde do Caisse D`Epargne. O primeiro clasificado do KG foi Mosquera, que rematou na undécima posición.

Redacción - 09:00 04/03/2007
Ramón Troncoso

Ramón Troncoso

Ramón Troncoso gañou a pulso na última tirada a distinción de corredor máis combativo. O vigués contaba ao remate da tirada que a escapada "serviume para quitarme a ‘mala leche’ que tiña enriba, porque levaba tempo tentando meterme nunha e por fin saíu".

Troncoso recoñeceu que "na primeira nunca nos permitiron coller máis de dous minutos e medio porque facía aire a xente estaba moi pendente dos abanicos; de feito, alcanzáronnos nunha das zonas nas que viña o vento lateral. A segunda xa foi entrando no circuíto de Valencia".

  • Clasificación xeral final da Volta a Comunidade Valenciana


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: