Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actos de "enorme gravidade"

Suárez Canal recoñece que o ‘boicot’ ás madereiras non debe ocultarse

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, asegurou na tarde do sábado que os ‘boicots’ contra empresas madereiras, que se produciron durante o último mes en Cotobade, constitúen actos de "enorme gravidade". É por iso polo que a Xunta "ten a obriga de dar información e non de ocultala". Aínda así, Canal non valorou se estes actos prodúcense por mor das novas medidas sobre o reparto da madeira impulsadas por Medio Rural.

Redacción - 16:54 05/03/2007

Foi o pasado xoves cando Vieiros fixo pública unha información en que se aseguraba que grupos ‘mafiosos" boicotearon a extracción de madeira queimada en Pontevedra. Segundo o conselleiro, o seu departamento xa se fixera eco das denuncias desas empresas, que aseguraron que os actos non eran "vandalismo" senón un boicot aos traballos que estaban a realizar como adxudicatarias do lotes de madeira queimada durante o mes de agosto na zona.

Canal cre que "cuestións desta importancia" requiren que a Xunta lles ofreza aos prexudicados "a tranquilidade" de que o seu departamento traballa para que feitos semellantes non se volvan producir". Recoñeceu ademais que "foron algúns medios quen" antes que a propia Xunta, "cualificaron os feitos de sabotaxes".

Máquinas de tres empresas sufriron graves ataques nas últimas semanas en Cotobade. Ademais, os empresarios están a ser ameazados telefónicamente. Segundo informaba o xoves Vieiros, as causas poden estar nos cambios introducidos nas poxas de madeira, que están a crear un profundo malestar en determinados sectores. Na orixe estarían as medidas impulsadas por Medio Rural logo da crise incendiaria do pasado verán.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: