O grupo Triángulo de Amor Bizarro presenta o seu disco na sala coruñesa Mardi Gras o venres á noite. Vale Tudo faranlles de abreconcertos. Tamén na Coruña, Luís Moro e a Tribeca's Band chegarán ao Garufa ás dez e media da noite. Non moi lonxe de alí, en Sada, tamén haberá dobre oferta musical: Los Santos, Contrachapados e Megaloves estarán dende as once e media na sala Lúa Chea, e na Moby Dick tocarán, ás once, Elekilibrio.
Portada do disco de TAB
En Ordes, en Melide e en Compostela terán tamén concertos por duplicado: na primeira das localidades, Codename toca ás dez da noite na sala Nunca Máis e Kastomä ás once no Kilé. En Melide, 96 grados chegará á sala 600 e Moon Cresta ao pub Gatos. En Compostela, Tío James ofrecerán a súa música no bar Apolo, e o rock brasileiro de Angra, acompañados de Firewind e de Powerquest, soará a todo volume na sala Capitol dende as oito e media. No resto da provincia coruñesa, Fredy Fevereiro actuará na DZine de San Sadurniño e Saldos Arias e The Gotxos Party, na Eira, en Ponteceso.
Como vén sendo habitual, Vigo contará con variedade musical. 6pm e Russian Red tocarán na Iguana Club, a Patty Jones Band na Fábrica de Chocolate ás dez e media, e, na Casa das Artes, Cabo San Roque chegan para ofrecer a súa música a máquina ás nove e media, dentro do festival Sinsal 5.0.
En Pontevedra, Riki López toca na sala Karma. En Vilagarcía, Heissel vai á sala Samá Samá. Na Estrada, Sugar Mountain dá un concerto no Teatro Principal e na Guarda, Ente e Monumento actúan na sala Escarabajo.