Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Santiagueses e celestes enfróntanse este sábado

Lobelle e Celta retoman a liga necesitados de puntos

Logo dun parón de dúas semanas retorna a competición á liga de fútbol sala cun derbi galego. O Lobelle e o Celta protagonizarán un intenso choque marcado polas necesidades de ambos conxuntos. Os de Santiago tentarán achegarse até os playoffs outra vez mentres que os vigueses loitarán por escapar do último posto da táboa.

Redacción - 14:34 02/03/2007
Un momento do partido de ida

Un momento do partido de ida

O Celta de Vigo, coa incorporación de Tomás de Dios no banco, ten este sábado (18:30 h) a oportunidade de recuperar ante o Lobelle os tres puntos que levaron os santiagueses das Travesas na primeira volta cun axustado 3-4. Decenas de afeccionados vigueses achegaranse até o Fontes do Sar grazas aos autobuses gratuítos que o club porá a disposición dos seus seguidores.

No Lobelle, Pulpis poderá contar por primeira vez nesta tempada con todo o cadro de xogadores ao completo. Aínda así, Chilavert quedará fóra da convocatoria pola obriga de realizar un descarte e por que vén de superar unha rotura de fibras. Pola súa parte, o Celta terá as baixas de Marques por sanción, e de Carinha e Arrivi por lesión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: