O triatleta galego Xavier Gómez Noya acudirá este sábado 3 de marzo en Madrid á Gala Anual do Triatlón. O ferrolán recibirá no acto o trofeo que o acredita como gañador da Copa BG do 2006.
Optará ademais, xunto co Iván Raña, ao premio ao mellor deportista elite masculino. Aída Valiño pode acadar tamén a distinción como mellor deportista promesa feminina e a Federación Galega o premio á mellor promoción deste deporte. Como guinda á destacábel presenza galega na gala, o Cidade de Lugo Fluvial recibirá o trofeo de vencedor do ranquin estatal de clubs 2006.