Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concertos do xoves

Marzo arranca con música

O mes de marzo comeza a notarse coa suba das temperaturas, cando menos musicais. O xoves á noite teremos moito onde escoller, tanto entre os concertos incluídos dentro da Rede Galega de Música ao Vivo da Consellería de Cultura coma entre os organizados polas diferentes salas do país. Coma sempre, haberá para todos os gustos.

Redacción - 18:43 01/03/2007
Cabo San Roque

Cabo San Roque

A sala Nasa de Compostela presenta a arriscada proposta de Cabo San Roque, grupo musical barcelonés que emprega materiais reciclados para facer música ao ritmo dunha lavadora. O espectáculo comeza ás dez da noite. Na mesma cidade, no Malas Pécoras estarán O Leo i Arremecághona e mais o seu irmán espurio O Leio, a voces ceibes. A actuación, que forma parte da xira E aghomita!, comeza ás dez e media. Mentres, en Culleredo, 96 grados tocará no Forum Celticum.

E, dentro da Rede Galega de Música ao Vivo, a partir das once o funk-mestizaxe de The Sweat! chega ao club Clavicémbalo, de Lugo; Diego Massimini tocará no pub Garufa, da Coruña, e Zumbido no pub D"Antón, da Laracha. Media hora máis tarde, Aguardiente Swing comeza a súa actuación na Fragua de Redondela, e Xoán Curiel no café teatro Xesteira de Ourense.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: