Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A causa, o recorte do orzamento

A NASA adía a próxima misión á Lúa até o ano 2015

A axencia espacial dos Estados Unidos, a NASA, adiou até o ano 2015 o primeiro voo tripulado á Lúa dende a viaxe do Apolo XVII en 1972. As limitacións no orzamento da institución son a causa de que o lanzamento se atrase entre catro e seis meses en relación ao previsto nun primeiro momento. Na misión empregarase o novo vehículo Orión, que anos máis tarde se enviará a Marte.

Redacción - 13:27 01/03/2007
A Lúa, vista dende a Terra

A Lúa, vista dende a Terra

O recorte no presuposto da NASA impedirá que o modelo de nave que substituirá os transbordadores actuais non poderá estar listo até o 2015. O administrador xeral da axencia, Michael Griffin, recoñeceu que carecen do diñeiro necesario, a pesar de que hai tres anos o presidente George W. Bush anunciara un novo pulo ás viaxes espaciais.

O Congreso estadounidense aprobou 545 millóns de dólares menos dos pedidos polo presidente. Os transbordadores espaciais xubilaranse en 2010, o que significa que en cinco anos non haberá actividade. Griffin tamén amosou a súa preocupación polo feito de que outros países se lles poidan adiantar aos Estados Unidos na carreira espacial.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: