Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A OCUPACIÓN DE LEIRAS TAMÉN CREA DISCREPANCIAS NO COLECTIVO

Os Sen Terra acadan o apoio da maior unión sindical do Brasil

O Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST) do Brasil realizou unha nova ocupación de leiras no estado de Sao Paulo durante a celebración dos carnavais no país. Mais, desta volta, a novidade reside na participación de membros da Central Única dos Trabalhadores (CUT), a maior organización sindical de toda Latinoamérica. O apoio á MST de boa parte dos 300 sindicatos asociados -por primeira vez na historia- está a provocar numerosas e diversas reaccións, incluso no seo da central.

- 13:59 26/02/2007
Tags:

Segundo recolle o xornal O Globo, a dirección executiva nacional divulgou esta fin de semana unha nota en que xustificaba o apoio dado pola CUT ás invasións da MST por considerar que "a loita en favor da reforma agraria é xusta", mentres que, por exemplo, Sonia Auxiliadora, coordinadora rexional de Presidente Prudente, mostrouse en contra: "A CUT está a favor da reforma agraria, mais non participa nas ocupacións", sinalou.

O MST ten 19 anos de historia e 1,5 millóns de afiliados. Está considerado o maior movemento de labregos de Latinoamérica e conseguiu a colocación de 350.000 familias, grazas ás ocupacións e as terras que o Goberno expropia, por consideralas improdutivas.

Coa chegada do Partido dos Trabalhadores de Lula da Silva ao poder en 2003, este prometera que non cumpriría ocupar as terras nunca máis, xa que o Goberno "as entregaría pacificamente". Mais o incumprimento da palabra dada levou ao maior número de invasión nos últimos anos.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: