Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

Ullrich deixa o ciclismo inmerso nas acusacións de dopaxe

O corredor alemán Jan Ullrich anunciou este luns a súa retirada definitiva do ciclismo profesional. O gañador do Tour de Francia do 97 non puido disputar a última edición da rolda gala logo de ser vinculado coa operación antidopaxe Puerto, desenvolvida polo Garda Civil en maio de 2006. Ullrich aproveitou a rolda de prensa para denunciar que nunca se chegou a realizar un proceso na súa contra no que el puidese defenderse das acusacións que "ensuciaron" o seu nome. O alemán será agora asesor dos corredores máis novos do equipo austríaco Volksbank.

- 12:21 26/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: