Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ABRE OS SOBRES

Sae a lista definitiva de candidatos aos Mestre Mateo

Este venres 23, na Academia Galega do Audiovisual, foron abertos os 25 sobres, con catro nomes cada un, para cada categoría dos Premios Mestre Mateo. Na gala, que será celebrada na primavera, coñeceremos o nome dos gañadores. Polo de agora, aquí podedes consultar a lista dos candidatos: Un franco, 14 pesetas, De profundis ou a serie A vida por diante teñen bastantes esperanzas.

- 13:03 23/02/2007
Tags:

Os candidatos á mellor longametraxe son De bares, de Mario Iglesias, o filme de animación de Miguel Anxo Prado, De profundis, Mia Sarah, que, xunto coa anterior, estivo no Instituto Cervantes en Berlín, e Un franco, 14 pesetas. As curtas afortunadas foron Bechos raros, Bos días, Cicatrices e S.O.S.. Tamén está a categoría de curtas de animación, coas candidatas A bruxa Catuxa, A Promesa, O ladrón de bonecas e O globo animado. En canto aos filmes televisivos, A biblioteca da iguana, A Atlántida, Omar Martínez e O partido son as candidatas.

Seguindo coa televisión, os catro programas que optan ao premio son o primeiro "reality" galego, A casa de 1906, o programa musical Alalá, e os programas de cinema Onda Curta e Planeta Cine. en canto ás series, 25 anos de autonomía, A vida por diante, Libro de familia e Pepe o inglés compiten polo premio. Os que poden ser o mellor documental do 2006 son 2050, A dedo, historias de autostopistas, Labregos do mar, Linatakalam e Lume e fume.

Os artistas
Entre moitas outras candidaturas, destacan as de mellor banda sonora (ás que optan Mario de Benito por Un franco, 14 pesetas, o grupo integrado por Milladoiro, Pablo Milanés e Miguel Núñez, encargado de pórlle son a Sempre Habana, Nani García por acompañar a beleza das imaxes de De profundis coa súa música, Piti Sanz pola divertida banda sonora de Pepe o Inglés, e Sergio Moure e Stephen Warbeck por Cargo.

Hai filmes que repiten varias candidaturas, como á mellor dirección: de novo Un franco, 14 pesetas (de Carlos Iglesias), De bares, de Mario Iglesias, e De profundis, de Miguel Anxo Prado. Tamén é candidata Sonia Barros, directora da serie A casa de 1906.

E imos coas "estrelas" da noite: as persoas que lle poñen rostro ás artes audiovisuais. Como mellores comunicadores televisivos, son candidatos Manolo Romón, que nos convida a coñecer a literatura máis actual en Libro aberto, Paco Lodeiro, que conduce todos os días na sobremesa o concurso Cifras e letras, Pilar García Rego, que nos leva da súa man a través da música tradicional en Alalá, e Mayte Cabezas Amigo, por A revista de fin de semana.

Os actores e actrices que poden ser premiados son os protagonistas de Un franco, 14 pesetas Carlos Iglesias, Isabel Blanco e Nieve de Medina. Tamén Daniel Brühl e Luís Tosar, por Cargo, Evaristo Calvo, por A biblioteca da iguana, e as protagonistas da serie A vida por diante, Belén Constenla e Mela Casal.

A lista completa pódese consultar na web da Academia Galega.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: