Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN EDITA 'HOMENAXE GALEGA'

Todo Díaz Pardo nun libro

A Asociación Cultural Fuco Buxán, de Ferrol, réndelle homenaxe a Isaac Díaz Pardo nun libro que presentou o martes diante dos medios de comunicación e que se dará a coñecer ao público en xeral o 2 de marzo. En Díaz Pardo. Homenaxe galega recóllense un cento de fotografías relativas ao intelectual e á súa obra, ademais das intervencións dos participantes nas mesas redondas que se desenvolveron durante este mes na sede ferrolá da Fundación Caixa Galicia.

- 17:15 20/02/2007
Tags:

Así mesmo, na publicación, de 260 páxinas, recompílanse as composicións que se recitarán no acto central de homenaxe a Díaz Pardo o 2 de marzo no Teatro Jofre. Alí estarán os poetas Eva Veiga, Xosé Leira, José Viale Moutinho e Rosa Méndez Fonte, que se encargou da compilación do libro. Con el, preténdese profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac Díaz Pardo en todas as súas vertentes.

O libro presentarase oficialmente a noite do 2 de marzo, na cea-homenaxe que se desenvolverá despois do acto no Jofre. Todos os asistentes ao evento recibirán un volume como agasallo, e unha boa parte da tiraxe destinarase a bibliotecas, asociacións e entidades co fin de facilitar a difusión pública da obra.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: