Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA ENTRE ACTIVISTAS E CAZADORES POR UN CAMPIONATO DE CAZA

Os ecoloxistas non puideron impedir a morte de setenta raposos no Carballiño

A cuarta Copa de España de caza do raposo rematou este domingo no Carballiño coa vida de 67 animais malia a intención de varias organizacións ecoloxistas de boicotear a competición. A xornada de caza deixou ademais dúas denuncias por exhibición de animais mortos e unha dun ecoloxista que foi ameazado cunha escopeta. Foron preto de douscentos os activistas que percorreron as zonas de caza facendo ruído e con vestimenta vistosa para espantar os raposos.

- 10:46 19/02/2007
Tags:

A primeira hora da mañá os ecoloxistas reuníronse na praza maior do Carballiño para repartírense nos grupos que posteriormente acompañarían as diferentes cuadrillas da competición.

Segundo a Guarda Civil, o Servizo de Protección da Natureza, Seprona, presentou tres denuncias ao longo da xornada. Dúas por exhibir as pezas cazadas e outra en relación aos disparos ao aire que presuntamente realizou un participante para ameazar a un ecoloxista.

Ao remate da xornada vivíronse as escenas máis tensas, cando ecoloxistas e cazadores atopáronse diante do restaurante onde se celebraba a comida oficial do torneo. Nese intre os activistas apuparon os participantes na copa aos que cualificaron de "asasinos". Mentres, algúns cazadores aseguraban que lles fora imposíbel realizar ningunha captura por mor da intervención dos ecoloxistas.

O encontro entre ecoloxistas e cazadores en imaxes (Fonte: 20 minutos)


Ligazóns

0/5 (0 votos)