Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESIXE A FIN DA VIOLENCIA E O RECOÑECEMENTO DO ESTADO DE ISRAEL

O primeiro ministro israelí anuncia que non colaborará co novo goberno Palestino

Israel non colaborará co novo goberno da Autoridade Nacional Palestina mentres non cumpra as condicións do Cuarteto de Madrid. Así o asegurou este domingo o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert que anunciou tamén que a súa postura é "inamovíbel". Os requisitos esixidos polo cuarteto formado polos EUA, Rusia, UE e a ONU ao anterior goberno palestino do islamita Haniye son recoñecer o Estado de Israel, o fin da violencia e a aceptación dos acordos de paz. Segundo o diario Haáretz, a decisión do mandatario israelí foi tomada o pasado venres logo de consultala co presidente dos Estados Unidos, George Bush. O anuncio faise a só 24 horas de que comece un cumio a tres bandas entre a secretaria de Estado dos EUA, Condoleezza Rice, o presidente palestino, Mahmud Abás, e Olmert.

- 10:25 18/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)