Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REALIZARASE UNHA "ESPANTADA" DE ANIMAIS

Asociacións ecoloxistas tentarán amolar a celebración da Copa de España de Caza do Raposo

Este domingo 18 celebrase no Carballiño a IV Copa de España de Caza do Raposo. Numerosas asociacións ecoloxistas e sociais galegas, baixo o colectivo "Matar por matar, non", están a realizar un chamamento a todas as persoas sensibilizadas co respecto aos animais para que se acheguen até a vila ourensá para amosar publicamente a súa repulsa contra "estes bárbaros masacres". O colectivo facilitará servizo de autobuses e celebrará actos para defender a dignidade "do noso patrimonio natural".

- 12:42 17/02/2007
Tags:

O Colectivo Cívico "Matar por matar, non" xa anunciou a súa intención de acudir á cita no Carballiño para tentar amolar o desenvolvemento do que cualifican como "macabro evento". Entre as actividades realizarase unha "espantada" de animais. Así, activistas e voluntarios percorrerán dende primeira hora o lugar da cacería para escorrentar os raposos e "salvalos dunha morte segura".

Tamén se vixiará para impedir que se cace nas zonas de seguridade como estradas, pistas ou inmediacións de lugares habitados.


Ligazóns

0/5 (0 votos)