Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
¿PARA QUÉ O PLANO SECTORIAL DE PARQUES DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA, RENOVADO?

ADEGA rexeita a declaración de supramunicipalidade das piscifactorías de Quilmas e Baroña á marxe do novo Plano Sectorial

O Consello da Xunta de hoxe, 15 de febreiro, ven de aprobar a declaración de incidencia supramunicipal para os proxectos de piscifatorías de Stolt en Quilmas-Carnota (ampliación) e Baroña-Porto do Son (nova criazón). Esta declaración faise á marxe do novo Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, actualmente sometido a Avaliación Ambiental Estratéxica. Precisamente é esta planificación sectorial a que debe fixar as condicións precisas para a ampliación ou instalación de novas piscifatorías.

- 20:57 15/02/2007
Tags:

Aínda que este trámite non comporta a autorización inmediata destas piscifatorías, pois aínda quedan os informes de viabilidade preceitivos que deben emitir os distintos órganos, incluído o ambiental, ADEGA entende que a declaración de hoxe ven a distorsionar todo o procedemento de revisión do Plano Sectorial e podería supoñer un trato de favor cara Stolt fronte ás demáis empresas do sector e sobre todo os colectivos locais (veciños/as, mariscadores/as...)

Cómpre lembrar que ADEGA ten presentado alegacións ao documento de inicio da revisión do Plano Sectorial, que fan referenza ás afeccións sobre espazos de alto valor paisaxístico e ecolóxico, así como aos posíbeis impactos sobre o patrimonio histórico e etnográfico. Na nosa exposición referiámonos ás cautelas precisas para salvagardar estes valiosos elementos patrimoniais, propoñendo causas de exclusión e distancias mínimas para o amortecemento dos impactos. Parece evidente que nos casos de Quilmas (Carnota) e Baroña (Porto do Son) vanse producir máis que probábeis afeccións aos LICs próximos (en Quilmas, os LIC Carnota-Monte Pindo e Costa da Morte) ou ao emblemático Castro de Baroña.

Por outra banda, ADEGA quere lembrar ao governo da Xunta que os proxectos de Stolt para Quilmas e Baroña, dos que a día de hoxe descoñecemos os seus detalles, teñen suscitado un forte rexeitamento por parte da poboación local, dada a actitude de prepotencia e chantaxe dos responsábeis de Stolt.

Unha administración non debería tolerar actitudes intimidatorias por parte de ningunha empresa e menos aínda premiala coa declaración de supramunicipalidade, á marxe de calquera planificación estratéxica. Qué sentido ten entón modificar o Plano Sectorial de Acuicultura do PP se se logo se acaban aplicando as mesmas políticas insustentábeis e arbitrarias?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: