Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O INVESTIGADOR RECIBE NUMEROSOS APOIOS, ENTRE ELES O DE PAUL PRESTON

Fracasa o acto de conciliación entre a familia dun ex falanxista e o historiador Dionisio Pereira

O acordo entre o historiador Dionisio Pereira e a familia dun ex alcalde falanxista de Cerdedo non foi posíbel este xoves no Xulgado de Paz desta localidade. A familia decidirá agora se continúa coa denuncia pola vía civil. O investigador estivo acompañado ás portas do xulgado por medio cento de persoas. O único incidente protagonizárono varias veciñas que deron vivas a Franco e menosprezaron aos que acompañaban a Pereira. Mentres tanto, ao historiador non lle paran de chegar mostras de solidariedade, entre elas a do recoñecido historiador Paul Preston.

- 16:13 15/02/2007
Tags:

Dionisio Pereira sinalou á saída do xulgado que lle parecía moi grave a demanda xa que "é un atentado contra as vítimas, contra a liberdade de expresión e contra o traballo serio dos historiadores". Agradeceu os numerosos apoios recibidos nos últimos días. Entre os que o acompañaron até o acto de conciliación atopábanse o deputado nacionalista Paz Antón e o académico da RAG Francisco Fernández Rei.

Pola súa parte, a familia denunciante non quixo contestar ás preguntas dos xornalistas. Nos vindeiros días coñecerase se levan o caso a un xuízo civil. A parte denunciante insiste en que o historiador debe rectificar publicamente un estudo no que sinala que o ex alcalde falanxista Manuel Gutiérrez participou na represión posterior ao golpe militar do 36 na comarca de Terra de Montes.

Mentres tanto as mostras de solidariedade, procedentes de todos os lugares do Estado, non paran de chegar. Entre os centos de mensaxes de apoio atópanse o historiador gaditano José Luís Gutiérrez Molina; o afamado hispanista británico Paul Preston; e outros especialistas coma Josep Fontana, Gerard Brey, Julio Aróstegui ou Ángel Viñas. Tamén representantes de organismos coma a Universidade de Santiago ou o Consello da Cultura deron o seu apoio publico ao historiador. Algo que tamén fixo a propia conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.


Ligazóns

3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: