Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRES ANOS DESPOIS DO ATENTADO EN MADRID

O xuízo do 11M debulla desde este xoves a trama islamista

Todos os medios internacionais, e mais o Observatorio Mundial contra o Terrorismo, sinalaron ao longo do xoves 11 de marzo de 2004 que a autoría do atentado apuntaba claramente a grupos islámicos. As probas posteriores confirmaron esa autoría, aínda que paradoxalmente, coa complicidade dalgúns medios de comunicación, o PP insiste nas insinuacións sobre a implicación da ETA. A Audiencia Nacional é escenario desde este xoves do xuízo polo atentado islamista máis grave acontecido na Unión Europea.

- 10:27 15/02/2007
Tags:

Vinte persoas, de orixe marroquí, siria, arxelina, libanesa e exipcia, afrontarán neste proceso xudicial a petición de elevadas penas de cárcere pola súa presunta implicación directa nos ataques en Madrid o 11 de marzo de 2004. Ademais, tamén hai petición de fortes condenas para os nove españois que presuntamente lles facilitaron os explosivos que causaron o masacre.

O tipo de obxectivo, o modus operandi, as ameazas recibidas despois da participación española na guerra de Iraq, a actividade probada de comandos vencellados a Al Qaeda na Península... Foron datos que nos primeiros momentos xa apuntaban que a autoría do ataque non lle correspondía á ETA senón a grupos islamistas. A teima do goberno español, daquela con José María Aznar á fronte, de atribuírenlle a responsabilidade no asasinato desas duascentas persoas á ETA orixinou un dos máis graves casos de bloqueo desde a administración á transparencia informativa.

Poden ver o resumo de como seguiu Vieiros os acontecementos daqueles días no escáner Quen cometeu os atentados de Madrid?

Foto de Grafitti: Ángel Cachón


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: