Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME FINAL SOBRE OS VOOS ORGANIZADOS POLA AXENCIA ESTADOUNIDENSE

Cinco anos de "excesos e abusos" da CIA na UE coa escusa antiterrorista

A Eurocámara conclúe que os gobernos "miraron a outro lado" mentres a CIA actuaba na Unión Europea. A investigación do Parlamento Europeo finalizou coa aprobación este mércores do estudo que denuncia as prácticas da axencia de espionaxe estadounidense, a CIA, en territorio da UE. O coordinador do informe foi moi crítico co papel dos gobernos europeos fronte a eses excesos. "Miraron cara a outro lado", criticou Claudio Fava, eurodeputado socialista italiano.

- 13:44 14/02/2007
Tags:

Houbo ampla maioría na votación en favor do informe que considera pouco críbel que os gobernos europeos, entre eles o español, non estivesen ao tanto da actividade da CIA a través dos aeroportos europeos. "Os gobernos sabíano", laiouse Fava.

O texto condena explicitamente a "aceptación e ocultación destas prácticas en certas ocasións polos servizos secretos e algúns gobernos europeos". Paradoxalmente, na negociación previa e para conseguir a aprobación da maioría da Cámara, retiráronse do documento as denuncias concretas que se facían a executivos coma o romanés, polaco ou alemán.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: