Lamatumbá fará unha paréntese no 2007, logo dos cambios na 'tripulación'. A única oportunidade, de momento, de ver o grupo en concerto este ano será en Cataluña durante o Entroido de Solsona. Ese mesmo día actúan Pell de Serp, rock agresivo de Solsona, os rockeiros clásicos de K-Melot e mais a Fundación No Hay Manera.
Lamatumbá actuou nos últimos meses en varias localidades catalás: na capital da comarca de Osona, no Mercat de Música Viva de Vic, nas festas patronais da Mercède Barcelona e tamén en Banyoles e l'Hospitalet. Na web de Lamatumbá hai crónicas, fotos e vídeos desas actuacións. A xira 2006 pechouna no mes de decembro pasdo en Compostela cun concerto multitudinario en homenaxe aos profesionais e voluntarios que traballaron combatendo os lumes, onde compartiron escenario cos barceloneses The Pink Tones e mais os multiétnicos e polifacéticos londinienses de Asian Dub Foundation.
Concerto de Lamatumbá
Carnaval de Solsona
Venres 16 de febreiro de 2007
Sala Xelsa
Carrer de la Bòfia | Solsona