Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REDUCIÓN DE ATÉ O 15% SOBRE A COTA ANTERIOR

A UE garante 5.330 millóns de euros para o treito 2007-2013

Serán arredor de 760 millóns de euros por ano os fondos europeos que recibirá Galiza os próximos seis anos, segundo explicou o conselleiro de Economía este luns no Parlamento. Xosé Ramón Fernández Antonio destacou o aval recibido polo executivo europeo para o redeseño estratéxico do investimento das axudas.

- 08:00 13/02/2007
Tags:

Así e todo, a cantidade total implica unha redución de arredor do 15% sobre os cartos ingresados anteriormente, no período 2000-2006, xa que logo máis de cen millóns de euros menos cada ano. O conselleiro destacou que a Xunta vaia xestionar directamente o 51% do total destes fondos, tres puntos máis que o realizado no período 2000-2006.

Na intervención diante da comisión de Economía da Cámara galega, o conselleiro debullou os investimentos europeos, sinalando que dese total, o FEDER, Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, supón para Galiza até 2.920 millóns de euros. A continuación, o Fondo Social Europeo, implica o investimento de 1.071 millóns. Séguelle o Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural, que achega 856 millóns. Destaca tamén o Fondo Europeo de Pesca, que garante 428 millóns de euros. Os fondos de cooperación transfronteiriza para a eurorrexión Galiza-Norte de Portugal suman 54 millóns de euros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: