O xornal Atlántico Diario e o Club Ciclista Ría de Vigo convocaron para este domingo en Vigo dúas marchas ciclistas, unha popular e outro cicloturista, en apoio a Óscar Pereiro. Deste xeito, afeccionados galegos poderán reclamar para o de Mos a entrega definitiva do título de gañador do Tour do 2006. A marcha cicloturista está reservada para corredores federados e partirá ás 10 da Alameda para retornar á cidade olívica logo do seu paso por Gondomar. Pereiro xa confirmou a súa presenza na cita, que tamén terá outra convocatoria popular que transcorrerá integramente polas rúas de Vigo desde as 12.