Non hai moitos meses que o actual Papa, Bieito XVI insistiu outra vez no conflito da "Creación" coa "Evolución", chamando aos cristiáns a poñer por diante da ciencia os valores morais definidos pola Igrexa Católica. Ao respecto, o historiador Marcos Valcárcel recorda na súa bitácora a Augusto González de Linares, precursor en Galiza da introdución dos estudos de Darwin sobre a evolución.
Foi en 1872 cando na cidade de Compostela Augusto González Linares, catedrático de Historia Natural, pronunciou unha conferencia da Academia Escolar de Medicina, no salón artesonado de Fonseca, defendendo o evolucionismo de Darwin.
Poden ampliar na bitácora de Marcos Valcárcel, As Uvas da Solaina.