Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II XUNTANZA DE BLOGOGASTRÓNOMOS

Primeiro a xantar, despois a contalo

Afían os dentes algúns dos bandullos máis agradecidos do blogomillo. O Restaurante Solla, en Poio, será escenario dunha nova papatoria, a segunda oficial dun grupo de activos blogogastrónomos da rede galega.

- 10:37 09/02/2007
Tags:

Máis dunha ducia de bitácoras prometeron estar representadas en Poio este sábado para botarlle o dente a outro xantar compartido entre blogueiros. Fai reconto de asistentes Manuel Gago no blog Capítulo 0.

Ademais, Pantagruel, Supongo detalla as bases dunha actividade para animar o ataque ás viandas, convocando ao primeiro concurso World Xantanza Photo. Iso si, no artigo 2 das bases, subliña que se vai considerar "conduta antideportiva e motivo de descualificación toda aquela que lle dea prioridade a tirar unha foto gañadora por riba do verdadeiro obxectivo da xornada: tomar bos pinchos, mellor comida e regalo con bos viños".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: