Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A EMPRESA DI QUE O FAI POLAS REFERENCIAS A DE JUANA CHAOS

Kelme suprime o contrato con Oleguer polo seu artigo sobre a liberdade de expresión

"Gustaríame pensar que no Estado de dereito hai liberdade de expresión e que, no presente caso, así como no de Egunkaria ou o do actor Pepe Rubianes, hai indicios abondo como para procesar os responsábeis". Así reflexionaba o futbolista Oleguer Presas no artigo que recentemente asinaba no xornal vasco Berria, opinando sobre a prisión para Iñaki De Juana Chaos debido aos artigos publicados en Gara. Kelme, con quen tiña contrato publicitario até o ano 2008, comunicou que rescindía o acordo co deportista.

- 07:45 09/02/2007
Tags:

"En caso contrario todo o mundo xa tería posto o grito no ceo, como é costume cando se dan episodios de falta de liberdade de expresión lonxe destes lares, poñamos por caso Marrocos, Cuba ou Turquía", opinaba Oleguer.

"A boa fe impúlsame a pensar que no Estado de dereito a xustiza é igual para todos, que non inflúen as presións políticas e que realmente existe a independencia xudicial e que as declaracións do ministro de Xustiza onde afirmaba, referíndose ao caso De Juana Chaos, que o goberno construiría novas imputacións para evitar as excarcelacións, non influíron para nada na sentenza xudicial".

Poden ampliar información e ler o artigo en Vilaweb.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: