Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
CAZA ILEGAL

En contra do furtivismo nos montes da costa da morte

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) fai público o seu máis enérxico rexeitamento de práticas de caza furtiva a base de lazos con cebo utilizadas por veciños das parroquias das parroquias de Sta María de O e Leis e máis do lugar de Sendón, no concello de Muxía, no ano pasado. Con estas prácticas foron liquidados 6 lobos, probablemente unha manda enteira, que logo foron abandonados no monte. ADEGA fai un chamamento ao abandono destas prácticas, de nefastas consecuencias ambientais, e de cuxa existenza ten xa coñecemento a autoridade competente.

- 09:44 08/02/2007
Tags:

Este tipo de trampa, máis propia de escuros tempos pasados, está penada pola lei con sancións que poden chegar ata aos 6.000 euros. Non pode ser admisible nos nosos días por distintas razóns: pola crueldade que supón para o animal que cae nela, que terá que pasar varias horas de agonía, e tamén porque non é selectiva, é nela poden caer especies que non son obxectivo, provocándose mortalidades innecesarias, inxustificadas e crueis.

ADEGA fai tamén un chamamento aos responsables políticos da zona para que busquen fórmulas para poñer en valor os recursos naturais que teñen, porque, estamos convencidos de que, en xeral, a Costa da Morte reúne grandes potencialidades para levar adiante planos de desenvolvemento sostible que garantan a conservación de tódalas riquezas naturais que tiveron a sorte de que chegar ata os nosos días.

Temos a certeza de que actuando intelixentemente e aproveitando adecuadamente todos os recursos naturais, dende os bestas bravas ata o lobo, pasando polos habitats de interese e a paisaxe, xunto coa participación e coñecementos dos veciños orientados cara a actividades respetuosas co medio, poderíase acadar unha melloría significativa na calidade de vida da zona e abriríanse novas perspectivos de futuro para a comarca.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: