Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL]

Fernando Vázquez pide a unión de todo o celtismo para saír do pozo

Tras a confirmación no cargo de Fernando Vázquez como adestrador do Celta, a páxina oficial do conxunto vigués publica as primeiras declaracións do técnico galego, horas despois da reunión mantida polo Consello de Administración do club. "Pido a todo o celtismo que esteamos unidos para concentrármonos nun único afán: sacar o Celta desta situación", sinala Vázquez, quen engade que "o referendo unánime e categórico do Consello de Administración é un excelente punto de partida para desenvolver un traballo sen presións e sen polémicas". Poden consultar as declaracións ao completo na web do Celta de Vigo.

- 11:15 06/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: