Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
IND PRESENTA 'O SON DAS BUGUINAS'

A tsunami contada para os nenos

Implicadas no desenvolvemento (IND) presenta este martes no VIII Salón do Libro Infantil en Pontevedra O son das buguinas, un libro-deuvedé que reflexiona sobre as consecuencias da tsunami. O martes 6 ás 20.30 estarán alí a presidenta de IND, María Reimóndez, e o editor de Xerais Fran Alonso, introducindo esta novidosa publicación, que conta cun deuvedé interactivo. Nela colaboran autores como Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz, Fran Alonso e María Reimóndez; a ilustradora Xulia Barros e o fotoxornalista Paco Vila Barros. Podemos vela anunciada nas Novidades de Xerais en Vieiros.

- 09:28 06/02/2007
Tags:

Con imaxes e palabras, o libro quere concienciar á poboación galega da necesidade de non esquecer un fenómeno natural que sempre afecta de modo máis grave ás persoas máis desprotexidas: facernos reflexionar sobre a desigualdade no mundo a todos os niveis (a emigración, os fenómenos naturais, a guerra, a enfermidade). O deuvedé acolle contidos máis vencellados á tsunami, como un audiovisual do traballo de Implicadas na zona afectada da India, unha animación que presenta de forma amena a cooperación internacional, outros proxectos na India e Etiopía e un xogo interactivo.

O son das buguinas é tamén o título da exposición promovida por IND que busca invitar a reflexionar sobre a necesidade dun compromiso permanente na resolución da pobreza para evitar e previr desastres como a tsunami. Deste xeito, as fotos de Paco Vila, as ilustracións de Xulia Barros e os textos de María Reimóndez serven para articular un repaso ao antes, ao durante e ao incerto despois co que terán que enfrontarse os milleiros de persoas que padeceron de xeito máis directo as consecuencias da tsunami.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: