Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ELABORADO POR BELLO STOUT, FÍXOSE CO CERTAME 'DEREITOS CIVÍS EN GALIZA'

Premian un estudo sobre a situación xurídica do galego no Bierzo e no Eo-Navia

O traballo Dereitos lingüísticos na Faixa Oriental, elaborado por Carlos Bello Stout, foi o gañador do certame "Dereitos Civís en Galiza". Trátase dunha análise do "statu quo" dos dereitos lingüísticos das comarcas galegófonas, administrativamente situadas fóra de Galiza. O concurso foi convocado polo Movemento polos Dereitos Civís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta.

- 10:25 05/02/2007
Tags:

Carlos Bello Stout é integrante da asociación Fala Ceibe do Bierzo. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago coas especialidades de dereito público e dereito privado; na actualidade cursa na USC un posgrao en Dereito Tributario así como o segundo ciclo da licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración. O premio está dotado cunha cantidade en metálico correspondente á contía da súa matrícula universitaria.

No seu estudo fai unha introdución histórica a situación dos dereitos lingüísticos nas comarcas do Bierzo e do Eo-Navia, así como unha análise xurídica dende o ámbito da lexislación internacional, estatal, autonómica e local.

Bello Stout salienta a necesidade de evitar que a reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León se aprobe co texto actualmente proposto, para evitar que o galego fique nunha situación de inferioridade legal con respecto ao leonés. Tamén apunta a necesidade de introducir unha mención á protección da lingua galega nun futuro Estatuto de Autonomía de Asturias.

Ademais, incide na necesidade de que a Xunta colabore coas entidades cidadás que a día de hoxe están a traballar nas comarcas orientais sen ningún tipo de axuda pública.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: