Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TOURIÑO RECOÑECE QUE O PARO AÍNDA "TEN NOME E ROSTRO DE MULLER"

A ocupación feminina supera por primeira vez o medio millón de persoas

Case 20.000 mulleres acadaron un posto de traballo no ano 2006, mentres que o desemprego feminino se reduciu en máis de 5.000 persoas, a cifra máis baixa desde o ano 1987. Estes datos confirman a marca histórica de ocupación feminina en Galiza, que superou no pasado ano o medio millóns de traballadoras. No acto de presentación do libro ‘O traballo invisíbel das mulleres’, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou ao respecto que "é a primeira vez na historia" que se supera esa barreira e sinalou que a contratación indefinida "mellorou notoriamente".

- 16:34 03/02/2007
Tags:

Ademáis, Touriño lembrou que se rexistraron "cambios positivos" no "desenvolvemento, na inserción e no propio mercado laboral". Aínda así, o xefe do executivo galego recoñeceu que os datos non son satisfactorios xa que o paro aínda "ten nome e rostro de muller". Nesta liña, manifestou o seu compromiso para que esta sexa "a lexislatura da igualdade e do emprego" a través da posta en marcha de "proxectos de lei decisivos e impulsores da igualdades".


0/5 (0 votos)