Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OITAVO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Unha semana de medo

O medo será o protagonista do oitavo salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Dende o domingo 4 desenvolveranse todo tipo de actividades, como sesións de contacontos, relatorios e exposicións, sempre relacionados co terror para todos os públicos. Tamén haberá obradoiros, como un de debuxo que vai impartir a autora do cartel de promoción deste ano, Noemí López.

- 10:21 05/02/2007
Tags:

O acto de inauguración será ás once e media da mañá, e terá lugar no Pazo da Cultura. Despois, haberá unha sesión de contacontos na mesma sala e un concerto da banda de música de Pontevedra no Teatro Principal. Durante a tarde, os cativos poderán participar nun obradoiro de maquillaxe de medo, no Pazo da Cultura. A esa mesma hora comezará no Teatro Principal a actuación do grupo Illana, que representará Buuu!
Luns 5 O luns á tarde, á parte de máis contadores de historias, o ilustrador Pepe Carreiro explicará como se fan Os Bolechas. No Pazo da Cultura presentarase oficialmente o a proxecto da revista Bdbanda e, ás oito e media, Cándido Pazó, Avelino González e Soledad Felloza intervirán nunha mesa redonda sobre De cagarse de medo a mexar de risa. A programación, que se pode consultar na web do salón, continuará até o sábado 10.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: