Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DUASCENTAS VÍTIMAS POR ARTEFACTOS SEN ESTOURAR DENDE O VERÁN

Esixen a Israel que indique onde lanzou bombas en acio no Líbano

Amnistía Internacional, AI, acaba de solicitarlle ao goberno israelí a sinalización exacta dos lugares onde este verán foron arreboladas centos de miles de bombas en acio durante o conflito con Hesbulah. A organización esixe a entrega "urxente" de mapas detallados, con coordenadas precisas co fin de reducir o perigo tanto para a poboación como para quen leva a cabo as operacións de eliminación de minas. "Cada día que se demora en facelo, Israel está poñendo en perigo máis vidas no sur do Líbano", sinalan.

- 11:43 01/02/2007
Tags:

Segundo informa AI, nos seis últimos meses os accidentes relacionados con bombas en acio sen estourar causaron máis de duascentas vítimas -entre elas varios menores-, en vilas do sur do Líbano. Trinta persoas mortas, oito delas zapadores, e máis de 180 feridos é o dramático resultado até o de agora. Ademais, Amnistía Internacional pide aos EUA, provedor de moitas destas bombas, que garanta a entrega da información.

O Centro de Coordinación de Acción contra as Minas da ONU, Unmas, identificou máis de 800 lugares onde hai espallados restos aínda mortíferos de bombas en acio sen explotar, e calculou que as tarefas de remoción de minas durarán polo menos un ano enteiro.

  • Anteriores: Israel recoñece que usou no Líbano armas prohibidas


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: