Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL SALA]

O Autos Lobelle de Santiago proclámase campión da Recopa de Europa

Galiza segue a reinar na Copa de Europa de Clubs Campións de Copa, máis coñecida como Recopa. Na tarde do domingo, o Autos Lobelle acadou o seu primeiro título internacional ao vencer 5-3 o Benfica nunha final disputada ante o seu público, que encheu por primeira vez na historia o Multiusos Fontes do Sar. O equipo santiagués, que necesitou dunha prórroga para superar os portugueses, toma así o relevo do Ázkar Lugo, campión na edición do 2006. Os preto de 6.000 seareiros que se deron cita no pavillón compostelán celebraron logo de 50 minutos de tensión o primeiro título europeo para a cidade de Santiago. O capitán Manu recolleu nun momento histórico para o fútbol sala galego a copa que os acredita como campións de mans do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

- 21:34 28/01/2007
Tags:

A final da Recopa de Europa tivo todos os ingredientes que se podían esperar dun partido desta categoría: tensión, igualdade, emoción, prórroga... O encontro comezou cunha forte presión por parte dos dous equipos. O Lobelle loitou por facerse co control do xogo aínda que en ningún momento atopouse cómo na pista. Aínda así, foron para os santiagueses as primeiras ocasións do partido, en sete disparos que atoparon sempre á figura do inspirado meta Bebé. A falta de definición dos locais non a tivo o Benfica, que no minuto 19 aproveitou a súa primeira ocasión para adiantarse no marcador cun gol de Zé María.

Na segunda metade o Lobelle entrou coas mesmas ganas que nos primeiros vinte minutos e así, tan só uns instantes despois do reinicio, Saúl acadaba a igualada cun forte disparo logo dun pase de Betão. Foi entón cando os galegos comezaron a dominar o encontro cercando na súa área os portugueses. Mediada a segunda metade Miguel adiantou o Lobelle e cando todo parecía indicar que o título quedaba en Santiago chegou a igualada do Benfica cun gol de André Lima a só un minuto do final.

Deste xeito, co 2-2 no marcador comezaron os dez minutos de prórroga que se desenvolveron dun xeito trepidante. Carlinhos anotou o 3-2 para o Lobelle no minuto 43, Estrela empataba outra vez no 44 ao converter un dobre penalti. Segundos despois Serpa e Betão sentenciaban ao marcar en menos dun minuto os dous goles da vitoria galega. Os tanto dos brasileiros fixeron estoupar o multiusos compostelán, nunha noite que tivo o se clímax cando o galego Manu recibía a Copa de Europa de Clubs Campións de Europa.

  • O Lobelle disputará a final da Recopa ante o Benfica
  • O Ázkar vence os cazaxos e remata a Recopa na quinta posición
  • A emoción da Recopa de Europa chega a Santiago
  • Historia, palmarés e datos sobre o A.Lobelle na galipedia
  • Galiza, outro ano na elite do fútbol sala mundial


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: