Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL ANALIZOU AS DEFICIENCIAS DETECTADAS NO PXOM

Caride móstralles aos empresarios vigueses o seu compromiso co Ave por Cercedo

Presidentes do Club Financeiro Vigo, da Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Cámara de Comercio reuníronse este venres con María Xosé Caride, conselleira de Política Territorial, para debater e analizar os puntos non aprobados do Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade olívica. O encontro serviu para que a conselleira amosase o seu compromiso e implicación, tanto persoal como do presidente da Xunta, co enlace de Alta Velocidade de Vigo coa Meseta a través da variante de Cercedo. Aínda así, a declaración de intencións de Caride coincidiu co anuncio por parte de Fomento de destinar nos próximos tres anos 1.700 millóns de euros ás obras do AVE entre Santiago-Ourense e ningún ao trazado desde Vigo.

- 13:51 27/01/2007
Tags:

Durante a comida de traballo, Caride expuxo as deficiencias atopadas no PXOM de Vigo e sinalou que unha vez que a Xunta reciba a corrección do documento "fará o traballo o máis rápido posíbel para emitir unha resolución ao respecto".

Na xuntanza tamén de valorou a mellora das infraestruturas portuarias, a ampliación de voos no aeroporto vigués e a implantación dun servizo de mercadorías en Peinador. Pola súa parte, os representantes empresariais, amosaron a súa satisfacción en relación cos compromisos expresados por Caride. Segundo Xoán Ramón Güell, presidente do Club Financeiro Vigo, "cremo que a situación non é fácil, pero é posíbel darlle a volta e haberá solucións.

A Xunta rexeitou o pasado 19 de xaneiro a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo por considerar que o documento non garante para a cidade un crecemento ordenado nin a dotación de servizos básicos, como a subministración de auga ou o saneamento.


Ligazóns

0/5 (0 votos)