A fiscal adscrita ao xulgado de instrución número 5 de Sant Feliú del Llobregat acaba de formular unha acusación formal contra Pepe Rubianes, segundo informa Libertad Digital, trala admisión a trámite da querela presentada o 31 de xaneiro de 2006 pola Fundación para a Defensa da Nación Española, Denaes. A Fiscalía entende que estas palabras "son constitutivas dun delito de ultraxes a España".
A orixe da querela está na intervención do actor galego no programa El Club de TV3, o 20 de xaneiro de 2006, onde Rubianes proferiu palabras despectivas contra os que daquelas estaban a levar unha campaña contra o proceso de reforma estatutario en Cataluña.
A Fiscalía entende que estas palabras "son constitutivas dun delito de ultraxes a España", previsto e penado no artigo 543 do Código Penal e solicita impór a Rubianes unha multa de sesenta euros diarios durante un año. Denaes, que actúa como acusación, entende que ademais deste, tamén concorre no delito "de incitación ao odio", tipificado no artigo 510 do Código Penal.