A Axencia Francesa de Loita Contra a Dopaxe (ALFD) decidiu arquivar o caso do ciclista mosense Óscar Pereiro. Despois de comprobar a veracidade da autorización que lle concedera a Unión Ciclista Internacional (UCI), o organismo pechou a investigación sobre a suposta dopaxe de Pereiro e doutros nove ciclistas que se atopaban nunhas circunstancias semellantes. No sangue do corredor galego detectárase salbutamol, fármaco que emprega para combater a súa asma e para o que conta con autorización da UCI.