Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS INTERNAUTAS XA PODEN ADHERIRSE INDIVIDUALMENTE Á CAMPAÑA

As sinaturas en apoio do Puntogal achéganse xa ao milleiro en só tres días

En apenas tres días desde que se abriu o espazo na web da Asociación PuntoGal, os apoios non paran de chegar. Nestes momentos xa pasan de 900 os internautas que asinaron en favor dun dominio para a lingua e cultura galega na rede e a cifra non para de medrar. Os promotores son optimistas diante do interese en loitar pola reivindicación da identidade da nosa cultura na internet. O Puntocat levara á ICANN o aval de 50 mil sinaturas. Agora nós iniciamos o camiño. Asina xa para que o desafío se resolva con éxito para Galiza!

  • A Asociación PuntoGal presentouse na Real Academia
  • A polo Galiza.gal: comeza a conquista do dominio

- 18:51 25/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)