Oficialmente a última negociación ao respecto da liña de alta velocidade ferroviaria entre Vigo e O Porto deixou en 2013 o prazo para a finalización da infraestrutura. E porén, en Bruxelas aínda non coñecen tales previsións de execución e mesmo a Comisión Europea non recibiu deica agora solicitude para a construción desta vía. Denunciouno este xoves Daniel Varela, eurodeputado galego do PP, logo da resposta sobre o asunto que lle deu o comisario europeo de Transportes, Jacques Barrot. Segundo Varela, é a constatación do "desinterese" dos gobernos español e galego nesta obra.