Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A EMPRESA MANTÉN A PRESIÓN

Feijoo reúnese co presidente de Pescanova e pídenlle xuntos ao goberno que ceda con Touriñán

Poucos días despois de insinuar que renunciaría á construción na costa luguesa das alternativas a Touriñán negociadas coa Xunta, Pescanova insiste de novo en recuperar o proxecto que pretendía desenvolver na Costa da Morte, en plena Rede Natura. A empresa aproveitou a visita ás súas instalacións do presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, para traer o asunto outra vez a primeiro plano.

- 08:00 24/01/2007
Tags:

Están as alternativas xa negociadas, o financiamento público garantido para a metade dos investimentos previstos, o borrador dun novo plan acuícola galego con amplas superficies proxectadas e a Xunta insistindo en que non se permitirá a agresión ás zonas naturais protexidas.

E con todo, Pescanova teima no enfrontamento co goberno, unha loita que este martes virou significativamente cara ao escenario da loita política entre goberno e oposición, coa visita realizada polo presidente do PPdeG ás instalacións da empresa. Núñez Feijoo insistiu en que a Xunta ceda fronte aos intereses da empresa en Touriñán e á súa beira, o presidente da empresa, Manuel Fernández de Sousa, asegurou que se o trasacordo do executivo se producise, Pescanova estaría en condicións de relanzar a construción da factoría en breve prazo.

  • No escáner de Vieiros: Arramplamos co país ou apostamos polo crecemento sustentábel?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: