Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA NOVA VERSIÓN DE 'LAS CAMPANAS DE IRIA FLAVIA' XA SE ESCOITA NA REDE

Edilberto Alonso lembra a Cela

O mércores 17 de xaneiro cúmprese o cuarto cabodano da morte de Camilo José Cela. Pero quizais a lembranza máis especial que se lle fai dende a rede é a do trobador de Curtis Edilberto Alonso. O artista, afincado en Irlanda, dedícalle ao escritor unha nova versión do seu tema Las campanas de Iria Flavia, que se pode escoitar no blog de Marcus. A composición, un planh provenzal, repasa con gran sentimento a vida e a obra do escritor. Non é esta a única canción de Edilberto que se pode escoitar na páxina de Marcus, onde tamén se atopa unha completa recompilación de todos os seus temas. Continuar en Máis alá. Canal cultura

- 12:40 17/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)