Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACTÍVASE O CASO PRETO DUN ANO DESPOIS DE QUE A AUDIENCIA NACIONAL O ARQUIVARA

Orde de busca e captura para os militares imputados pola morte de Xosé Couso

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou este martes a captura dos tres soldados estadounidenses imputados pola morte do cámara galego de Tele 5 Xosé Couso. O 8 de abril de 2003 en Iraq, durante a invasión do exército dos EUA, membros deste corpo abriron fogo contra o hotel Palestina de Bagdad, onde se atopaban a maior parte dos xornalistas desprazados para informar sobre a guerra. Non é a primeira vez que o maxistrado dita esta mesma orde. Xa o 19 de outubro de 2005 solicitara a detención dos militares, mais a súa decisión non se puido facer efectiva logo de que a sala do penal da Audiencia Nacional arquivara a causa o pasado 10 de marzo. Segundo esta, tratouse dun "acto de guerra contra inimigo erroneamente identificado". Ademais, consideraba que o Estado Español non era competente para xulgar os soldados estadounidenses.

- 10:50 18/01/2007
Tags:

Finalmente, o pasado 14 de decembro, o Tribunal Supremo resolveu que a Audiencia Nacional era o tribunal competente para investigar estes feitos, xa que, segundo o primeiro, o pasaporte español de Couso "supón un plus de lexitimación" para que a xustiza española -e concretamente a Audiencia Nacional- investigue o caso. Xa que logo, dispuxo remitir a causa ao instrutor, que este martes, vía Interpol, ordeou a detención dos tres militares: o sarxento Thomas Gibson, o capitán Philip Wolford e o tenente coronel Philip de Camp.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: