Os plans de Pescanova para construír unha gran piscifactoría na localidade lusa de Mira teñen máis atrancos dos que se quere facer ver. O xornal portugués Diario Económico sinala que fontes do Ministerio de Ambiente recoñecen que se está á espera do informe ambiental que permita o proxecto. Hai que lembrar que os terreos elixidos, igual ca no Cabo Touriñán, pertencen á Rede Natura. Aínda que dende o goberno luso pensan que non vai haber problemas co informe, matizan que, en caso de habelos, terían xa buscados asentamentos alternativos, algo que non quixo a empresa no noso país. O informe ambiental estará listo nun prazo máximo de dous meses.