Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTE SÁBADO ÁBRESE A MATRÍCULA PARA CATRO CURSOS

Sétimo ano de monográficos do Folque

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín abre este sábado a sétima edición dos seus cursos monográficos arredor da música. A partir dese día será posíbel matricularse en catro especialidades diferentes: o guitarrista compostelán Ramón Feáns "Chiri" impartirá un curso de guitarra acústica e bouzouki; o músico-performer Davide Salvado ensinará pandeireta e repertorio cantado; Luís Correa "o Caruncho" dará un seminario sobre repertorio cantado para zanfonistas e Pablo Caramés e Ana Llaras encargaranse do monográfico "afina o teu corpo como primeiro instrumento". O prezo da matrícula dos tres primeiros monográficos é de 50 euros ao mes e o do último, de 90.

- 15:19 15/01/2007
Tags:

Pero estes non serán os únicos monográficos preparados polo Folque lalinense, dirixidos a amadores e profesionais da música, pois este ano contarán tamén coa presenza de Quim Farinha, de Berroguetto, que dará un curso de violín; Darío González, director do Conservatorio Oficial de Lalín, que impartirá música tradicional con percusión de láminas; Lilian França e Sérgio Tannus traerán ritmos do Brasil; Beatriz Díaz, danzas do mundo; Benjamín Otero ensinará a editar partituras musicais; José Luís do Pico Orjais, cancións do repertorio galego-portugués; Fernando Reyes, de Resonet, repasará cantigas medievais, danzas renacentistas e música sefardita, e Ramón Pinheiro, de Ouvirmos, levará a Lalín cen anos de gravacións sonoras da música galega.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: