As primeiras críticas ao novo Plan Galego de Acuicultura chegaron apenas unhas horas despois de que se dese a coñecer o proxecto. Desde a Sociedade Galega de Historia Natural sinálase que non todas as zonas incluídas están fóra da Rede Natura. Segundo informou onte na Radio Galega o secretario xeral da sociedade, Paulino Casal, a praia de Ponzos, na parroquia de Cobas en Ferrol, non pode formar parte do novo plan xa que se trata dun humidal de gran valor ecolóxico e protexido pola rede europea. Casal asegura que a praia é a "antítese" da situación ideal para unha construción acuícola. Ao mesmo tempo, o secretario de CIG Mar, Xavier Aboy, criticou a Consellaría de Pesca por ter só en conta os empresarios no deseño do novo plan e non consular os sindicatos, concellos e ecoloxistas.