Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Caixa Ourense asina o protocolo de fusión

Caixa Ourense, Caixa Vigo e Caixa Pontevedra asinaron este lúns o protocolo de fusión que deberá desembocar nun asimilación total no ano 2001. Novas perspectivas económicas se abren e tamén diversas opinións en torno ás posibilidades da Galiza sur.

- 00:57 16/03/1999
Tags:

As tres caixas do Sur de Galiza, Caixa Ourense, Caixa Vigo e Caixa Pontevedra asinaron un acordo para chegar á fusión no ano 2001.
Con esta fusión, a nova Caixa será a primeira en número de oficinas en Galiza e a segunda en volumen de negocio por tras de Caixa Galicia.
Tanto políticos como os dirixentes das tres caixas amosáronse optimistas cara o futuro de Galiza con este novo panorama económico.
En Ourense as reaccións foron diversas. Así, os sindicatos reuníronse cos dirixentes de Caixa Ourense para que os seus postos foran asegurados ante a nova situación da entidade.
O presidente da Deputación ourensana asegurou que os postos de traballo non corrían perigo e que as ventaxes serían máis que os inconvintes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: