Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DOUS GRUPOS CASTELÁN FALANTES E OUTRO DE FÓRA

Komunikando.net denuncia a ausencia do galego no concerto da Selección

O colectivo Komunikando.net acaba de espallar un comunicado en que manifesta a súa disconformidade pola actuación da Consellería de Cultura con respecto á realización do espectáculo musical do 28 de decembro, despois do partido da selección galega de fútbol en Riazor. "Neste evento actuaron dous grupos que utilizan o español nas súas letras e outro grupo estranxeiro, sen deixar lugar a ningún grupo do panorama musical que reivindica unha lingua e unha cultura propia". O colectivo advirte de que as decisións políticas han ser consecuentes coa construción da cultura, e con niveis de participación accesíbeis para as diferentes manifestacións culturais.

- 09:58 11/01/2007
Tags:

"Tendo en conta que durante os dezaseis anos de fraguismo a música en galego estivo silenciada e excluída, tanto dos medios de comunicación públicos como dos eventos culturais dependentes da administración, partimos dunha situación desfavorábel que require da implicación incondicional da actual administración". O colectivo esixe ás administracións galegas a súia implicación cos colectivos culturais que defenden a lingua galega, non só dende a Xunta, senón tamén dende os concello. "A situación precariados creadores artísticos do país requiren o apoio incondicional das administracións para dotar á cultura propia da dignidade que se merece". Parece que o relacionado co fútbol aínda é un ámbito por galeguizar: recentemente soubemos que a maioría dos clubes non teñen o galego como lingua vehicular.

O colectivo de músicos galegos Komunikando.net naceu en novembro do 2005 co obxectivo de profesionalizar e dignificar aos grupos que cantan en galego. "Consideramos a lingua como unha ferramenta indispensábel á hora de definir a nosa propia identidade. A música é unha manifestación cultural privilexiada para a promoción e defensa da cultura propia". Estes principios materializáronse coa edición do disco A Per-loca, no que a lingua é o nexo de unión dunha gran diversidade de grupos, estimulando o diálogo entre estilos diverxentes e asentando canles de interacción.


0/5 (0 votos)