Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS ECOLOXISTAS LUSOS CENSURAN A PERMISIVIDADE DO SEU GOBERNO E LOAN A DECISIÓN DA XUNTA

A piscifactoría que Pescanova proxecta en Portugal tamén afecta a un espazo da Rede Natura

A gran piscifactoría de rodaballo que proxecta o grupo Pescanova en Portugal non está exenta de polémica. Diversos colectivos ecoloxistas lusos, entre os que se atopa Quercus, denuncian que o proxecto afecta de cheo a un espazo da Rede Natura 2000. Esta asociación considera "grave" que o goberno luso apoie un plan que foi paralizado pola Xunta en Cabo Touriñán (Muxía). Dende Quercus, Hélder Spínola sinalou que a diferenza do que pasa en Portugal, a Xunta tivo "unha actitude responsábel dende o punto de vista ambiental".

- 11:48 09/01/2007
Tags:

Os ministros de Economía e Agricultura presiden este luns a sinatura do Protocolo de Entendemento entre a Associaçao Portuguesa para o Investimento (API) e a multinacional galega. Este será o primeiro paso concreto para a construción da maior piscifactoría de rodaballo do mundo. Os terreos nos que se fixou Pescanova están no municipio de Mira, que pertence ao distrito de Coimbra.

Pescanova quere producir 7.000 toneladas de rodaballo ao ano e promete, a medio prazo, a creación de 350 postos laborais. O investimentos, segundo algunhas fontes, andará á beira dos 140 millóns de euros. De feito, diversos sectores laiaron estas últimas semanas a "oportunidade perdida" para a economía galega, sen faceren apenas referenzas ao impacto ambiental do proxecto.

En declaracións á axencia de noticias Lusa, Helder Spínola asegurou que a produción de peixe en cativerio tamén leva canda si importantes problemas ecolóxicos, en especial se se fai de forma intensiva, debido a que se libera auga con elevadas cantidades de materia orgánica e antibióticos. Ademais resalta que a fábrica vai quedar a escasa distancia da praia, o que implica a destrución de máis de cen hectáreas de terreos con floresta ou vexetación dunar. Dende Quercus avogan por un estudo rigoroso de impacto ambiental e por posteriores localizacións alternativas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: