Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL]

Lugo e Celta disputan esta tarde a final da Copa Xunta

A primeira edición da Copa Xunta de clubs chega esta tarde ao seu desenlace. Será ás 18:00 horas no estadio Anxo Carro de Lugo (TVG) cando o C.D.Lugo e o R.C.Celta loiten polo reinado do fútbol galego. Nun principio, a normativa da competición elixira Balaídos como sede da final, porén o club vigués decidiu cederlle aos lugueses a honra de ser locatarios: "Tivemos este xesto cara a Lugo e ao C.D. Lugo pensando nas excelentes relacións e en acrecentar aínda máis a popularidade do Real Club Celta no territorio lucense", explicou o vicepresidente celeste Raúl López.

- 11:42 03/01/2007
Tags:

Lonxe de preparar o encontro como un amigábel máis, en Vigo non se quere deixar pasar a oportunidade de inscribir o nome do Celta como primeiro campión do torneo. É por iso polo que Fernando Vázquez leva até Lugo a todos os seus homes dispoñíbeis. Pola súa parte, o C.D. Lugo tentará dar a sorpresa ante os seus afeccionados e prepara tamén coa máxima seriedade o enfrontamento.

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, amosou a súa gran satisfacción porque Lugo acolla a primeira final da copa, xa que permite "levar o fútbol de elite até sitios onde non é tan habitual ver fútbol de primeira e tamén podemos premiar a andaina do Lugo, que acudía a este evento como un club invitado e conseguiu chegar até a final eliminando ao Deportivo e ao Pontevedra".

Coa final desta tarde ponse punto e final a unha competición que comezou no mes de agosto do pasado ano coa participación dos equipos galegos de Primeira, Segunda, Segunda B da tempada 2005/06 (Celta, Deportivo, Rácing de Ferrol, Pontevedra, Celta B, Negreira e Ourense) e como invitado de Terceira o Lugo. O torneo comezou cunha fase de dous grupos de catro equipo que se enfrontaron a partido único na casa do de menor categoría. De aí saíron os semifinalistas (Celta e Pontevedra no Grupo Sur e Lugo e Rácing de Ferrol no Grupo Norte), que se enfrontaron entre eles alcanzando a final Celta e Lugo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: