Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A SUBA MEDIA NO ESTADO FOI MENOR E QUEDOU FIXADA NUN 9,8

O prezo da vivenda nova volveu dispararse o ano pasado un 10,7%

A inflación na vivenda volveu ser maior en Galiza ca no resto do Estado español. Durante 2006 os prezos dos pisos novos medraron un 10,7% mentres que a media estatal quedou fixada nun 9,8%. Por comunidades, Aragón tivo o comportamento máis inflacionista (16,9%) mentres que Asturias rexistrou a suba menor (3,9%). Hai que lembrar que os analistas prevén unha suba media dun 8% para 2007, aínda que hai expertos que cren que o medre dos prezos pode ser incluso algo inferior a esta cifra. A pregunta é: estamos preto da fin da burbulla inmobiliaria?

- 10:17 03/01/2007
Tags:

No noso país unha vivenda nova custa un 10,7% ca en decembro de 2005. Galiza segue a rexistrar subas de prezos superiores á media estatal. As subas foron as seguintes: Aragón (16,9%); Castela-A Mancha (13,2); Valencia (13,1); Cataluña (13); Andalucía (11,8) e Baleares (11,4). Por debaixo da media galega sitúase Estremadura e Cantabria (9,9%); A Rioxa (9,7); Castela e León (9); Canarias (8,5); Navarra (7,6); Murcia (7,4); Euskadi (5,8); e Asturias (3,9).

O estudo, elaborado pola Sociedad de Tasación, revela que os prezos medraron máis no primeiro semestre e comezaron a "conxelarse" no segundo. Tamén subliña que o prezo do metro cadrado nunha cidade é de 2.763 euros. As urbes onde é máis caro metro cadrado son Barcelona (4.192), Madrid (3.870) e Donosti (3.807).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: